DEBULLANDO RAÍCES
DEBULLANDO RAÍCES
DEBULLAR. Separar [cada unha das partes dun todo] para tratalas ou estudalas máis polo miúdo.
Isto é para nós debullar.
Reconstruír con anaquiños o noso pasado.
Tratar con mimo a nosa historia.
Estudar polo miúdo a nosa tradición.
Isto… é o que dá nome e sentido á nosa aventura
QUEN?
Manolo de Noceda é un dos nosos protagonistas. Medrou entre a fariña e o son do rodicio. Durante a súa vida laboral exerceu o oficio de muiñeiro. Agora, o seu muíño mantense en pé grazas aos coidados que el mesmo lle realiza. Coma Manolo, Francisco Fra medrou no seu oficio, arroupado polo mar, por seu pai e por sete xeracións que o precederon. Tamén Benito, canteiro durante toda a súa vida, forma parte dos nosos protagonistas. Anímate a coñecer máis nomes e historias persoais!
COMO?
Agustín Iglesias, ferreiro de Riotorto, ensinounos paso por paso como se elabora un coitelo, neste caso en particular, un coitelo de sangrado. Pero tamén Aparicio nos indicou todas as fases polas que pasan as súas pezas de cerámica antes de saír á venta. Pola súa parte, Manolo moeu para nós uns grans de trigo. Cadaquén, no seu oficio, realiza as tarefas propias do mesmo...só tes que premer no botón de abaixo para coñecer como o fan!
QUE?
Coitelos, fouciños e fouces. Barcos de madeira, recreativos ou para a caza de balea. Casas, esculturas e edificacións. Fariña, para o pan, para cebar os porcos e para os animais da granxa, en xeral. Potes de queimada, culleres e infinidade de pezas decorativas. Cada oficio ten o seu produto, elaborado dunha forma artesanal e que chega as nosas mans como un tesouro. Preme e descubre as peculiaridades de cada un destes tesouros!
ATA CANDO?
As portas péchanse. Os oficios morren. O rural apágase. A realidade dos oficios tradicionais galegos non é outra máis que a condena á desaparición. Aínda así, os apaixonados do seu traballo loitan por preservalo e chaman ás administracións a implicarse na recuperación dos mesmos. A importancia de saber que existen, de coñecer as súas condicións e de gardar a súa historia e tradición. Podes descubrir máis sobre o relevo xeracional e o futuro dos oficios galegos premendo no botón que aparece abaixo!