DEBULLANDO RAÍCES
NÓS
Debullando Raíces é moito máis ca un traballo académico. É un obxectivo común de catro estudantes de xornalismo, que á vez son amigas. Unha meta que persegue servir de arquivo das historias e particularidades dos oficios galegos. Unha forma de difusión, fragmentada en cápsulas, coa que as debulladoras de raíces pretenden manter con vida aos oficios tradicionais. E se non é posible asegurar o seu relevo xeracional, facer conscientes ás novas xeracións da súa existencia e dos camiños que lles poden abrir os mesmos. Debullando Raíces somos catro rapazas (de esquerda a dereita): Noemi, Noa, Paula e Icía; pero tamén os protagonistas que fixeron posible este traballo. Ademais, sodes todos e cada un dos que visitastes esta web para coñecer os detalles dos oficios tradicionais galegos. E tamén é Ángel Antonio Vizoso, titor deste proxecto e guía do noso camiño.